Friday 17 de May de 2024

Concerto de Uxía Lambona e a banda Molona


Uxía Lambona e a Banda Molona – Astronauta sideral. Cantón da Leña. Se chove no teatro Elma.

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali, co baixo; Ñoc, coa batería; Diego, coa gaita e coa frauta; Serghaño, coa guitarra; Roscón, co acordeón; e Laura, “Uxía Lambona”, cantando e animando! Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” tódolos nenos e nenas, achegándolle-la música tradicional galega dun xeito atractivo para elas e para eles, cambiando estilos musicais, letras… e temas propios, sempre en galego. Hoxe en día teñen tres CD publicados.

Organiza: Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña